Vacacións 4 anos pompas de xabón

Vacacións 4 anos pompas de xabón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148502
Año de edición:
Materia
CUADERNOS DE VACACIONES
ISBN:
978-84-9914-850-2
Páginas:
58
Idioma:
GALEGO
Ancho:
275
Alto:
305
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
VACACIONS

14,50 €

IVA incluido

O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo de lecer. Ademais, cambian os hábitos,  as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...
 Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos e centros de interese que se tratan, que eles expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido.
 Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas  ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación. A través destas actividades favorecerase o desenvolvemento de todas as competencias, capacidades e intelixencias múltiples necesarias para superar con éxito este nivel educativo, e constrúense os cimentos para  o curso seguinte. Os contidos que se abordan son, entre outros: o coñecemento do corpo, percepción do tempo e do espazo, os hábitos persoais, o desenvolvemento das rutinas da vida cotiá, a construción da propia identidade, o coñecemento do medio natural e os seus elementos, iniciación nas habilidades matemáticas e o desenvolvemento do pensamento lóxico, os atributos e cualidades dos obxectos, a participación na vida en comunidade e a convivencia, iniciación nos fundamentos da lectoescritura, a linguaxe oral, audiovisual, artística  e corporal...

Materia en Libreria Guareña

Xerais en Libreria Guareña

  • As mulleres na historia
    Titulo del libro
    As mulleres na historia
    Colectivo María Castaña
    Xerais
    No disponible

    22,40 €

  • Turbo
    Titulo del libro
    Turbo
    Suarez Abel, Miguel
    Xerais
    Na ría de Arousa desenvólvese a acción de Turbo, entre Vilanova e Cambados, con algunha viaxe do protagonist...
    No disponible

    12,50 €

  • Dicionario irreal para un país imposible
    Titulo del libro
    Dicionario irreal para un país imposible
    Seoane, Xavier
    Xerais
    Este Dicionario irreal para un país imposible, do escritor e profesor humanista Xavier Seoane, é un libro sin...
    No disponible
  • A cidade dos Césares
    Titulo del libro
    A cidade dos Césares
    F. Freixanes, Víctor
    Xerais
    Entre 1776 e 1783 case catrocentas familias embarcaron nos peiraos do Parrote, na Coruña, rumbo ás terras ign...
    No disponible

    24,15 €

  • Viaxe ó centro da Terra
    Titulo del libro
    Viaxe ó centro da Terra
    Verne, Jules
    Xerais
    O 24 de maio de 1863 dá Comenzo esta historia que acabamos de poñer por primeira vez en galego: unha das cél...
    No disponible

    10,15 €