SANTIAGO DE COMPOSTELA, A CIDADE DO MILAGRE

SANTIAGO DE COMPOSTELA, A CIDADE DO MILAGRE

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788491510543
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9151-054-3
Páginas:
96
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
165
Alto:
240
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
VARIOS

O Consorcio de Santiago e Galaxia publican un libro con dous textos de  Carlos Casares nos que o autor realiza unha viaxe literaria por Compostela e afonda na lenda do milagre do Apóstolo.
 O Consorcio de Santiago e Galaxia publican un libro con dous textos de  Carlos Casares nos que o autor realiza unha viaxe literaria por Compostela e afonda na lenda do milagre do Apóstolo.
 Os textos, escritos orixinariamente en castelán no ano 1993, están ademais traducidos ao galego e ao inglés.
 Baixo o título Santiago de Compostela, a cidade do milagre, o Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia publican un libro que reúne dous textos pouco coñecidos de Carlos Casares, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
 Os dous textos orixinais foron escritos polo autor en castelán e publicáronse no ano 1993 en revistas especializadas. O primeiro deles,  titulado Santiago. Milagro y leyendas, publicouse na revista "Leer", dedicada ao mundo cultural e literario. O segundo, El milagro de Santiago de Compostela, publicouse en "Ronda Iberia", a revista de a bordo da compañía aérea. Nestes artigos o escritor realiza unha viaxe literaria pola cidade de Compostela, ao tempo que afonda na lenda do milagre do Apóstolo Santiago. Este volume recolle ademais a tradución de ámbolos dous textos ao galego e ao inglés.
 O libro, editado en tapa dura, reúne así mesmo unha trintena de fotografías de Santiago, na súa maioría pertencentes ao arquivo do Consorcio de Santiago e ao arquitecto do organismo interadministrativo  Ramón Fernández Hermida. As imaxes refírense ao fragmento de texto que ilustran en cada caso. A meirande parte delas amosan distintos espazos da catedral de Santiago, rúas e prazas emblemáticas da cidade histórica, igrexas e outros edificios significativos como a sede da Universidade, esculturas vencelladas ao milagre do Apóstolo, o Camiño de Santiago...

Otros libros del autor en Libreria Guareña

Materia en Libreria Guareña

Galaxia en Libreria Guareña

  • Unha viaxe no Ford T
    Titulo del libro
    Unha viaxe no Ford T
    AgraFoxo, Xerardo
    Galaxia
    Unha viaxe no Ford T ten unha prosa de ritmo áxil e accións desencadeadas coa que logra manter o interese do ...
    No disponible
  • Os escuros soños de Clío
    Titulo del libro
    Os escuros soños de Clío
    Casares Mouriño, Carlos
    Galaxia
    Este libro de relatos, o segundo no xénero na obra de Carlos Casares, publicouse por primeira vez en 1979. Des...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,90 €

  • Unha viaxe polo mundo
    Titulo del libro
    Unha viaxe polo mundo
    AA.VV
    Galaxia
    Xiqui xoque, fiú fiú! é como fai a locomotora máis famosa do mundo, a máis marchosa, a máis chea de vida ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,00 €

  • Caciques
    Titulo del libro
    Caciques
    Castelao
    Galaxia
    No tratamento dos personaxes que pintou Castelao, desde os nenos e as mulleres ata os homes e os vellos, sen ex...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,50 €

  • O enigma de embívicus
    Titulo del libro
    O enigma de embívicus
    Nº 215
    Perozo, Xosé A.
    Galaxia
    É o embigo do mundo que todos ven fascinados... ou non. A Editorial Galaxia recupera a máis famosa novela inf...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,05 €