Os materiais curriculares en Galicia

Os materiais curriculares en Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826488
Año de edición:
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-9782-648-8
Páginas:
296
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
210
Alto:
130
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

24,75 €

IVA incluido

Os materias curriculares en Galicia é froito dunha investigación do profesor Xesús Rodríguez Rodríguez que nos achega á percepción que o profesorado de Galicia manifesta sobre os libros de texto e materiais  curriculares impresos que foron elaborados para empregar na súa práctica docente; é, ademais, un achegamento á opinión do profesorado para dar a coñecer as súas valoracións acerca dos recursos e materiais  que foron pensados para o seu uso. Qué grao de coñecemento posúe o profesorado dos materiais que foron elaborados para axudalo na súa actividade docente?, Que funcionalidade presentan?, Qué tipo de materiais se empregan habitualmente?, Cales son as principais necesidades de recursos e de formación que sinala o profesorado?, Que  opinión existe das características que presentan os materiais?, Que tipo de materiais elabora o propio profesorado na escola? Este libro quere servir de guía e preocupación para reflexionar sobre estas e outras cuestións, tan importantes para o desenvolvemento dunha  práctica educativa de calidade. As valoracións e os resultados que aparecen recollidos neste libro constitúen un apoio moi importante para os distintos colectivos que desexen coñecer o que acontece na práctica educativa cos materiais e tamén para as institucións e profesionais que teñen que tomar decisións sobre os mesmos. Este estudo tamén dá a coñecer en que estado se encontra a teoría que se formolou ao redor dos materiais nas Reformas Educativas e comprobar en  que medida se reflicte e exerce influxo na práctica

Otros libros del autor en Libreria Guareña

Materia en Libreria Guareña

Xerais en Libreria Guareña