Oitocentos

Oitocentos

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482886138
Año de edición:
Materia
LITERATURA CLASICA
ISBN:
978-84-8288-613-8
Idioma:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ILLA NOVA

Os personaxes desta historia, un excorredor de atletismo e o seu grupo  de amigos, abalan entre a inestabilidade laboral e a indeterminación persoal. Sen perspectivas no traballo e coa ameaza permanente da soidade pairando sobre a súa vida. Encrucillada vital que o autor vai resolver a través dunha interesante narración dialogada, que se desenvolve en escenas que lembran as dunha película. A novela de Xavier Franco Alonso avanza cun ritmo narrativo constante, que arrastra ao lector polo efecto duns diálogos que, como no cinema, nos van contando a historia cos palabras dos seus propios protagonistas. Oitocentos fala das dificultades para adaptarse a unha existencia sempre marcada pola inseguridade, condicionada pola necesidade de traballo estable, pola falta de comunicación e ameaza da soidade. A historia iníciase cando un corredor de media distancia volve á súa cidade de orixe logo de decidir abandonar o deporte. Tentará adaptarse  á súa nova vida, reestablecer a relación cos seus antigos amigos e atopar traballo, un traballo normal que lle faga esquecer a súa dedicación ao atletismo profesional e que lle permita albiscar un futuro persoal novo. Franco Alonso sitúa o seu labor literario nas proximidades do real, busca os seus personaxes entre a xente corrente,  achéganos a situacións perfectamente recoñecibles nas que a súa habelencia narradora descobre historias insospeitadas, suxire conflictos e intensifica emocións. Oitocentos é unha historia de hoxe,  contada con pulo cinematográfico, que nos mergulla na vida cotiá dunha cidade galega.

Materia en Libreria Guareña

Galaxia en Libreria Guareña

  • FAMILIA DE PASCUAL DUARTE
    Titulo del libro
    FAMILIA DE PASCUAL DUARTE
    XOSE CELA, CAMILO
    Galaxia
    Ademáis do interese literario, este traballo e o propio proceso de relación intelectual que mantivo con Galic...
    No disponible
  • Leccións de Gaita
    Titulo del libro
    Leccións de Gaita
    Nº 3
    Otero Covelo, Enrique
    Galaxia
    Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súa...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,00 €

  • MINUTOS PARA MEDIANOITE
    Titulo del libro
    MINUTOS PARA MEDIANOITE
    Nº 85
    Queipo, Xavier;Neto, Ramón
    Galaxia
    Partindo do tanxíbel, o poema esculca a zona iluminada polo foco da luz,ao tempo que estende a circunferencia ...
    No disponible
  • Guía y espacios naturais de Galicia
    Titulo del libro
    Guía y espacios naturais de Galicia
    González Rodríguez, Ignacio / Fernández González, Roberto
    Galaxia
    No disponible

    22,50 €

  • O cable Inglés
    Titulo del libro
    O cable Inglés
    Moreno Fernández, Xosé Antonio
    Galaxia
    Premio Café Dublín de Narrativa, 1994. Xosé Antonio Moreno presenta neste libro unha colección de relatos n...
    No disponible