Obediencia

Obediencia

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498653182
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9865-318-2
Páginas:
352
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
LITERARIA

23,40 €

IVA incluido
Comprar

Antón Lopo sitúa a súa novela no século XXII, nunha Galicia republicana na que o goberno perdeu o control sobre todo o territorio agás a capital, Compostela. A cidade é centro dunha puxante economía que se contrapón á mísera Alemparte, un deserto salvaxe sen regulamento democrático. Nunha residencia de Compostela para científicos con problemas piscolóxicos, está ingresada Elba Mácara, unha paciente con crises de amnesia que cre prever o destino mediante cálculos matemáticos. Cando menos o agarda, Mácara consegue fuxir para  refuxiarse na Alemparte, un ermo salvaxe onde ten base o grupo resistente Alogon. Cunha enorme forza creadora, utilizando unha linguaxe que evoca as imaxes do cinema de ciencia ficción, Lopo vai introducir os lectores e as lectoras en paisaxes imprevisibles, inzadas de mutantes, salteadores e traficantes de alcaloides. En Obediencia, a intriga desenvólvese freneticamente en torno a unha obsesión: descubrir a posición de Lef, un número natural perdido na memoria dos tempos... A loita polo poder e polo control da mente tampouco queda fóra desta singular e apaixonante novela de aventuras na que os protagonistas viaxan por unha Galicia sorprendente.
 Premio García Barros 2010

Otros libros del autor en Libreria Guareña

Materia en Libreria Guareña

Galaxia en Libreria Guareña