O mundo e nós

O mundo e nós

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024065
ISBN:
978-84-8302-406-5
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

9,80 €

IVA incluido

O mundo e nós achega unha visión persoal sobre a integración de Galiza  no mundo actual e os problemas e desafíos que ten que enfrontar a sociedade galega. Este brillante ensaio está moi influído pola actividade profesional do autor, Enrique Sáez Ponte, vencellado ao mundo financieiro -ocupando postos de dirección no Banco Pastor e no seu grupo-, onde cada vez hai menos barreiras e onde a globalización é  algo real e influínte. Por outra banda, a reflexión insírese na situación presente de Galicia, unha terra aínda non pechada e sometida  a importantes restriccións debidas a un dificultoso pasado. Do diálogo entre a experiencia profesional e a realidade vital xorde O mundo é nós, unha obra que incorpora perspectivas novas e suxerentes sobre temas de grande actualidade no noso país.O mundo e nós busca, unha interpretación da posición de Galiza no mundo. A primeira parte do libro, "O mundo" aborda a evolución recente do estado-nación, con referencias ao que estar a pasar en diversas partes do planeta. A parte máis longa do ensaio adícase a Galiza, "Nós", centrándose principalmente na evolución do país nas últimas décadas do século, cunha referencia previa á herdanza histórica, cultural, social e económica que condiciona este período. O autor aborda cuestións relacionadas coa posición periférica de Galicia no ámbito europeo e cos elementos de dinamización e apertura.Remátase o libro cun apartado  sobre algunhas encrucilladas nas que probabelmente Galiza vai ter que  elixir, nos próximos vinte anos: a dialéctica entre subsídios e soberanía, a conformación dun País artellado ou desartellado, a consolidación dun modelo idiomático aberto ou pechado, e os criterios para competir nunha economía global que van dende a actual dimensión das nosas empresas, o crecimento do capital humano ata os recursos naturais e o noso patrimonio.O mundo e nós está redactado dende posicións abertas. Un libro, moi significativo no actual debate económico, político e social do país.

Otros libros del autor en Libreria Guareña

Xerais en Libreria Guareña

  • Aqueles corpos nosos
    Titulo del libro
    Aqueles corpos nosos
    Gómez Ramos, Adrián
    Xerais
    Todos os actos teñen consecuencias. Fernán e Xandre Malvís buscan recuperar a normalidade nas súas vidas e ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €

  • O gran reino
    Titulo del libro
    O gran reino
    Santiago Soto, Eduardo
    Xerais
    O narcisismo e a marcada competitividade de Gala, unha rapaza de catorce anos brillante nos estudos e cunha ima...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,95 €

  • O profesor de vegliota
    Titulo del libro
    O profesor de vegliota
    Veiga, Manuel
    Xerais
    Tras ser depurado e coa intención de non poñer en perigo a súa muller e a súa filla, o profesor de idioma r...
    No disponible
  • A estirpe do dragón
    Titulo del libro
    A estirpe do dragón
    Nº 158
    Gallego Abad, Elena
    Xerais
    Coma o anxo expulsado do paraíso, Hadrián loita por recobrar os poderes perdidos na cripta de Dragal. A apari...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €

  • Onde o mundo se chama Celanova
    Titulo del libro
    Onde o mundo se chama Celanova
    Ferreiro Míguez, Celso Emilio
    Xerais
    Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912 - Vigo, 1979) é, sen dúbida, un dos autores máis emblemáticos da lite...
    No disponible

    9,00 €