O camiño de Fisterra

O camiño de Fisterra

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475077345
Materia
NATURALEZA
ISBN:
978-84-7507-734-5
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
MONTES E FONTES GUIAS NATUREZA

43,80 €

IVA incluido

Bordón, sombreiro de ás anchas, zurrón de pel de cervo, cabaza para a bebida e cuncha ó peíto, os peregrinos xacobeos adoitaban proseguir a súa viaxe trala Vía Láctea, polo antigo Camiño Real, na procura fascinante da temible fin do mundo, a Fisterra Atlántica onde todo remataba.Era o camiño que conducía ó punto máis extremo do mundo occidental, alí onde se cruza a tradición pagana coas crenzas dos primeiros monxes cristiáns. O éncontro animista presente en San Andrés  de Teixido e a fantasía do home que quere descubrir como o sol cae ó mar e ó lume que xorde da auga. O espírito, entre curioso, aventureiro  e piadoso do peregrino medieval, que uníversalizou as terras de Galicia e Compostela coa súa tradición oral e a súa cultura e que levou o nome desta terra polo mundo adiante. E ata hoxe, o Camiño de Fisterra perdurou no espacio e na memoria.O Camiño de Fisterra é a crónica da reconstrucción deste percorrido. O autor, Fernando Alonso Romero, profesor da Universidade de Santiago e especialista en etnografía e arqueoloxía naval; esculcóu nas razóns máis fondas que levaban ós peregrinos nesta percura do fin do mundo. O encontro co aventura humána, a procura de novos horizontes, a ilusión de seguí-lo sendeiro da Vía Láctea, pola rota do sol que conduce ata Fisterra.Fernando Alonso propón ó lector, tamén o camiñante, un itinerario que reconstruíu, dividido en catro xornadas ou tramos para realizar a pé. Itinerario que transcorre desde Santiago, Roxos, Augapesada, Negreira, Zas, Maroñas, Hospital, Cee, Corcubión ata Fisterra.Un libro multilinüe, que ademais da galega, inclúe versións completas en castelán e inglés, complementado coas fotografías da autoría de Xoán Vilar Cardona. Un fermoso libro para ler e camiñar na procura do fin do mundo.

Otros libros del autor en Libreria Guareña

Materia en Libreria Guareña

Xerais en Libreria Guareña

  • Dietario simil-pel 2006
    Titulo del libro
    Dietario simil-pel 2006
     
    Xerais
    No disponible

    26,09 €

  • De cristal
    Titulo del libro
    De cristal
    Nº 156
    Gómez Xurxo, Silvestre
    Xerais
    Este libro reúne cinco relatos sobre a fraxilidade humana, sobre a vulnerabilidade que padecemos todas as pers...
    No disponible
  • Agosto de memoria e morte
    Titulo del libro
    Agosto de memoria e morte
    Nº 376
    Leiceaga, Xaquín
    Xerais
    Agosto, últimos anos do franquismo. Un promotor inmobiliario, ben relacionado cos notables locais, aparece mor...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    23,50 €

  • Casa atlántica, casa cabaret
    Titulo del libro
    Casa atlántica, casa cabaret
    Lado, María
    Xerais
    Aínda lIe pesan as lembranzas daquela casa novacon boas vistas e o teito inzado de manchas de humidade; se cad...
    No disponible

    4,00 €

  • Calendario Xerais 2021. Mulleres. Llanos
    Titulo del libro
    Calendario Xerais 2021. Mulleres. Llanos
    Equipo Xerais
    Xerais
    Calendario Xerais 2021. Mulleres. Llanos. Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto q...
    No disponible

    12,50 €