Nautilus

Nautilus

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475078120
Materia
GEOGRAFIA
ISBN:
978-84-7507-812-0
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

14,60 €

IVA incluido

En outubro de 1892 saíu da ría de Ferrol a corbeta Nautilus, aparellada en fragata, que regresaría en agoso de 1894 logo de da-la volta ó mundo baixo o mando do Capitán Fernando Villaamil -natural de Villaamil, parroquia de Serantes, actual concello de Castropol- cunha dotación de 200 tripulantes vascos, asturianos, cántabros e galegos. Moitos eran veciños de Seixo e da Ferrolterra, onde o capitán da armada residiu en sendo oficial da mariña de guerra.o historiador Bernardo Máiz, xusto cen anos despois, reconstrúe aquela experiencia -calificada nos seus días de auténtica fazaña- baseándose nos escritos  do propio capitán Villamil, na memoria de moitos dos seu s veciños e nunha abondosa documentación que lle foi facilitada na Biblioteca da Zona Marítima do Cantábrico.Nuns tempos nos que, como di o autor, " o vedreño imperio español ía camiño do esmorecemento " a Nautilus, buque escola que máis tarde sería substituído polo Galatea e  actualmente polo Juan Sebastián Elcano, lévanos polos sete mares, dende Bos Aires a Valparaíso, dende as costas americanas ás praias de Australia e Nova Celandia, nunha viaxe de adestramento e descubertas ata entón sen precedentes. Bernardo Máiz introdúcenos no barco de tres  mastros, e con el o lector ou a lectora botará a derradeira ollada á terra propia por máis de seiscentos días. Quedadas, temporais, arribadas... todo ficará escrito no epistolario do protagonista inxertado polo escritor entre a tripulación.Un libro de mar e viaxes nunha viaxe real nun barco real, cun escritor que sabe manexa-lo relato coa mestría do compás de marear.

Otros libros del autor en Libreria Guareña

Materia en Libreria Guareña

Xerais en Libreria Guareña

  • CONTOS E LENDAS ARRAIANOS
    Titulo del libro
    CONTOS E LENDAS ARRAIANOS
    RODRÍGUEZ CRUZ, JOSÈ
    Xerais
    Os contos e lendas tradicionais constitúen un dos tesouros máis interesantes do patrimonio cultural popular. ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,95 €

  • Comentarios de textos populares e de masas
    Titulo del libro
    Comentarios de textos populares e de masas
    Rodriguez Fer, Claudio / Ed. Lit.
    Xerais
    Claudio Rodríguez Fer reuniu neste libro un conxunto de esclarecedores  comentarios de textos literarios galeg...
    No disponible

    19,20 €

  • Manual marítimo-pesqueiro de Galicia
    Titulo del libro
    Manual marítimo-pesqueiro de Galicia
    Rivas Lago, Ramón
    Xerais
    Este práctico e completo manual é ideal para os patróns de pesca, aportando toda a información tanto técni...
    No disponible

    21,65 €

  • Ei, superavó!
    Titulo del libro
    Ei, superavó!
    MacCartney, Paul
    Xerais
    O avó é un aventureiro que sabe facer cousas incribles... Queres coñecelo? Co seu compás máxico, leva os s...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,95 €

  • Ten o seu punto a fresca rosa
    Titulo del libro
    Ten o seu punto a fresca rosa
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    En Ten o seu punto a fresca rosa, María Xosé Queizán acada a súa plenitude literaria, ofrecéndonos unha ob...
    No disponible

    16,65 €