Manuel Luís Acuña

Manuel Luís Acuña

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025772
ISBN:
978-84-8302-577-2
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIAS SINGULARES

32,10 €

IVA incluido

A dimensión intelectual e creativa de Manuel Luís Acuña, a carón do que significou o seu percorrido vital ó longo dos tres primeiros cuartos de século, formulou espontaneamente a un grupo de persoas, unidas por compartiren unha afervoada querencia pola súa figura e obra, a necesidade dun libro como o presente, por volta de se cumpriren cen anos do seu nacemento.Este volume testemuña a vixencia, intensidade e perseveranza a través do tempo do seu maxisterio profesional, literario e humanístico. A proposta axiña se espallou e foi acollida con entusiasmo e xenerosidade por todos os participantes que se quixeron sumar ao proxecto.Por un lado, quíxose conxugar a voz de diversos narradores, poetas, xornalistas e ensaístas que, procedentes de moi diversos ámbitos cronolóxicos, ben trataron ao autor ou ben repararon con vagar no ecoar das diversas parcelas das súas circunstancias persoais quebradas no naufraxio do ano 1936. Como non podía ser doutro xeito, o seu labor intelectual converteuse en obxecto de análise demorada por parte de especialistas que deron coa vizosa actividade que Acuña levou a cabo tanto en tempos da II República coma anos despois nos eidos xornalístico, pedagóxico, político e, claro é, no ámbito literario, onde emerxe con forza propia  ese relampo permanente que é Fírgoas, poemario que amosa o indiscutible talento do seu autor.Por outra banda, e non como complemento, senón como esteo necesario que esixía unha obra que quere  integrar diversas manifestacións artísticas, aos anteriores textos, acompañados tamén de propios versos do poeta, verdadeiro protagonista do libro, engádeselle un amplo ronsel de contribucións pictóricas tanto da man daqueles que foron coetáneos do autor coma doutros artistas máis novos que se quixeron sumar, sempre xenerosamente, na realización dun libro que desde o comezo quixo ser aberto, plural, integrador e tolerante. Un espello, en definitiva, de Manuel Luís Acuña.

Xerais en Libreria Guareña

  • Guía ecolóxica das cunchas e moluscos de Galicia
    Titulo del libro
    Guía ecolóxica das cunchas e moluscos de Galicia
    Rolán, Emilio
    Xerais
    Galicia posúe unha riqueza malacolóxica avalada polos máis de 693 quilómetros de costa de que consta o lito...
    No disponible

    3,00 €

  • Home sen nome
    Titulo del libro
    Home sen nome
    De Toro, Suso
    Xerais
    Nano, encamado no cuarto dun hospital, acompaña durante dous días a un  vello terminal, só, entubado e consu...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    25,50 €

  • A góndola fantasma
    Titulo del libro
    A góndola fantasma
    Rodari, Gianni
    Xerais
    Gianni Rodari escribiu esta obra hai cincuenta anos. Unha novela que constitúe unha grande homenaxe á "Comedi...
    No disponible

    9,20 €

  • NOVO XARDÍN DAS LETRAS LER 1
    Titulo del libro
    NOVO XARDÍN DAS LETRAS LER 1
    AA.VV
    Xerais
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,80 €

  • Nerea. A invasión dos trastos
    Titulo del libro
    Nerea. A invasión dos trastos
    Prado, Pablo
    Xerais
    Tes mensaxes de no móbil pendentes de ler Algún capítulo da túa serie favorita sen ver Pasaches esa fase ta...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €