Laxeiro, a invención do mundo

Laxeiro, a invención do mundo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483021422
ISBN:
978-84-8302-142-2
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

19,60 €

IVA incluido

A través de dúas voces, a do propio artista -que narra en primeira persoa os acontecementos fundamentais da súa vida- e a do autor, o profesor Antón Castro, entramos na apaixonante aventura de Laxeiro, quizais o pintor que mellor definiu as transformacións estéticas de Galicia no século XX. Dun xeito estructural e seguindo un desenvolvemento a través do tempo, acompañamos ó artista nas diferentes xeografías que condicionaron a súa vida e polo tanto a súa arte, un modelo de renovación parello ás transformacións da conciencia  estética que tivo sempre como referencia a orixe, a tradición e a filosofía escondida nas vellas montañas de Lalín, que el considerou poboadas de momos e mitos. De Botos á Habana, do retorno ás aldeas de Lalín, onde inventou nos anos trinta unha maneira particular de interpretar a alma de Galicia coa " estética do granito " , primitiva e expresionista ó Vigo da posguerra que asistiu  á concreción dos seus " trasmundos " , que reivindicaban ó Mestre Mateo e a arte dos canteiros populares, o percorrido de Laxeiro vai enriquecerse polo camiño da diversificación na súa estadía de case vinte anos en Arxentina. Unha diversificación que o levará a cultivar diferentes rexistros lingüísticos, adiantándose a veces a súa época, facendo coexistir a figuración e a abstracción en medio dun antropoloxismo que só prevía a existencia de Galicia máis aló dos seus límites naturais.Humanista convencido, fabulador socarrón e burlesco, intérprete privilexiado da realidade que lle tocou vivir, o artista ideou un mundo máxico que conecta coa literatura de Swift, Rulfo, Valle ou Cunqueiro, inzado de entroidos, diaños, sátiros, monstros, ananos e fuanos... e un tipo de pintura tan  singular que, medio século despois da súa primeira exposición foi reclamada polos xoves de Atlántica para explicar as inquedanzas estéticas dos 80 desde Galicia, no seo dunha arte que comezaba a planetizarse.

Otros libros del autor en Libreria Guareña

Xerais en Libreria Guareña

  • In memoriam
    Titulo del libro
    In memoriam
    Carballude, Pepe
    Xerais
    A chegada dun grupo de voluntarios da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica para escavar o ant...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €

  • (12).LINGUA GALEGA LITERATURA 2º.ESO (XERAIS).(TRIMESTRES)
    Titulo del libro
    (12).LINGUA GALEGA LITERATURA 2º.ESO (XERAIS).(TRIMESTRES)
    Fernández Paz, Agustín / Iglesias Alvarez, Ana / Rodríguez Rodríguez, Anaír / Louzao Outeiro, Miguel / Campo
    Xerais
    No disponible

    33,47 €

  • (G).(10).PAPELIÑOS 4 ANOS (COMPLETO) *GALEGO*
    Titulo del libro
    (G).(10).PAPELIÑOS 4 ANOS (COMPLETO) *GALEGO*
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    99,00 €

  • O centro do labirinto
    Titulo del libro
    O centro do labirinto
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    A acción de O centro do labirinto transcorre a mediados do século XXI.  Aínda que o proceso de globalizació...
    No disponible

    11,60 €

  • Os dereitos da infancia
    Titulo del libro
    Os dereitos da infancia
    Fernández Paz, Agustin
    Xerais
    En 1959 a ONU aprobou a Declaración Universal dos Dereitos do Neno. Dez principios que perseguen garantirlles ...
    No disponible

    12,20 €