HISTORIA DA LITERATURA GALEGA III

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA III

Editorial:
Xerais
EAN:
9788491211075
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9121-107-5
Páginas:
520
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
XERAIS UNIVERSITARIA

30,50 €

IVA incluido
Comprar

Continuando o relato iniciado polo primeiro volume -Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais 2013)- e polo segundo -Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento (Xerais 2014)-, aparece agora a terceira entrega do ambicioso proxecto  emprendido por Xosé Ramón Pena. Trátase, en liña cos labores anteriores, de construír unha narración proporcionada e obxectiva da etapa vivida polas letras galegas entre 1916 -data da fundación das Irmandades da Fala- e xullo de 1936 -momento en que deu inicio a Guerra Civil española-. Unha xeira que ben merece o cualificativo de «anos de prata», xa que asistimos nese tempo á consolidación dunha literatura galega que acada a súa plena madurez, en directa converxencia coas correntes estéticas universais: isto é, unha afinidade que a obra escrita no idioma de noso -a pesar dos magníficos  relampos atinxidos no século XIX, e singularmente da man de Rosalía de Castro- non amosara desde a Idade Media, coa eclosión do lirismo trobadoresco.
 Comprender os textos literarios producidos nese período como parte integrante -en interacción continua- da mobilización galeguista/nacionalista; consideralos, xa que logo, na súa dimensión sociocultural e sociopolítica; indagar neles a preocupación, por parte  dos seus creadores, respecto da concreción dunha estética nacional; abordar o macrotexto que conforman na súa converxencia vertical e na súa proxección horizontal, configuran outros tantos piares que alicerzan a tarefa das presentes páxinas. Unhas páxinas, ademais, nas que Xosé Ramón Pena buscou considerar o conxunto do bosque literario, mais tamén discernir, alén de prexuízos e clixés, a verdadeira dimensión das especies que o compoñen.

Otros libros del autor en Libreria Guareña

  • Historia da literarura galega vol. 2 De 1853 a 1916
    Titulo del libro
    Historia da literarura galega vol. 2 De 1853 a 1916
    Pena Sánchez, Xosé Ramón
    Xerais
    Esta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa o relato emprendido co primeiro volume, Histori...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    30,50 €

  • COMO EN ALXERIA
    Titulo del libro
    COMO EN ALXERIA
    PENA SáNCHEZ, XOSé RAMóN
    Xerais
    A comezos da década dos 60 do século XX -unha década realmente « prodixiosa» na perspectiva de determinado...
    No disponible
  • A era de Acuario
    Titulo del libro
    A era de Acuario
    Pena Sánchez, Xosé Ramón
    Xerais
    A era de Acuario, así comeza o primeiro verso da canción que abre a ópera rock Hair ¿Casualidade? Nada é c...
    No disponible

    13,35 €

  • Como en Argelia
    Titulo del libro
    Como en Argelia
    Pena Sánchez Xosé Ramón
    Pulp books
    A comienzos de la década de los 60 del siglo XX, el mundo vive momentos de agitación e incertidumbre, entre l...
    No disponible
  • A batalla do paraíso triste
    Titulo del libro
    A batalla do paraíso triste
    Pena Sánchez, Xosé Ramón
    Xerais
    Entre 1940 e 1941 Europa arde baixo as lapas da II Guerra Mundial. Fuxindo das bombas e da barbarie nazi, mille...
    No disponible

Materia en Libreria Guareña

Xerais en Libreria Guareña

  • Baixo mínimos
    Titulo del libro
    Baixo mínimos
    Nº 204
    Ameixeiras Novelle, Diego
    Xerais
    O detective Horacio Dopico, que esperta pola mañá co recordo da súa ex-muller, recibe o encargo de investiga...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,50 €

  • Palabras contadas
    Titulo del libro
    Palabras contadas
    Franco Iglesias, Camilo
    Xerais
    Palabras contadas de Camilo Franco inclúe máis dun cento de microrrelatos, outros trinta argumentos de novela...
    No disponible

    19,50 €

  • CHOIVA DE RAS
    Titulo del libro
    CHOIVA DE RAS
    Nº 268
    Loureiro, Ánxela
    Xerais
    Todos os animais da fraga coñecían as extravagancias de RaMona, a ra máis mona do lugar, unha afouta artista...
    No disponible
  • Laura e os ratos
    Titulo del libro
    Laura e os ratos
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    En casa de Laura hai un rato. O seu pai e a súa nai parece que o queren matar e, pola contra, Laura quere amig...
    No disponible

    6,80 €

  • A clase
    Titulo del libro
    A clase
    Bégaudeau, François
    Xerais
    "Eu falaba para unha clase silenciosa e distraída, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa da...
    No disponible

    23,50 €