Grego bacharelato

Grego bacharelato

Editorial:
Baia
EAN:
9788496526884
Año de edición:
Materia
LIBRO DE TEXTO
ISBN:
978-84-96526-88-4
Páginas:
384
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
1ºBACHARELATO

31,00 €

IVA incluido

O libro está estruturado en doce unidades didácticas incluíndo ao final unha Antoloxía de textos, Paradigmas e un Vocabulario. Cada unidade consta de tres partes interrelacionadas entre si: dúas referidas principalmente a aspectos culturais e unha máis centrada na lingua. Todas inclúen actividades. Nunha Primeira Parte, que dá título  á unidade, ofrécese información sobre o mundo cotián e mitolóxico a través de textos traducidos e imaxes artísticas gregas; a continuación, e baixo o nome de Persistencia do mito, preséntanse textos e obras de arte que amosan a súa influencia na cultura galega e  foránea. Incorpóranse tamén actividades e suxerencias de ampliación. A Segunda Parte é a especificamente gramatical. Ten explicacións breves e abundantes exercicios. Tradúcense primeiro frases e, progresivamente, textos orixinais. Insertamos unhas listas de vocabulario de "máxima frecuencia" -feito a partir dos autores máis representativos- pois consideramos que a súa aprendizaxe facilita o achegamento aos textos. Cada lista vai acompañada de diversas actividades (antónimos, derivación, helenismos, familias léxicas...) para unha máis doada e rápida adquisición de coñecementos léxicos. No segundo curso de Bacharelato é necesario que o alumnado ademais se familiarice co uso do dicionario. Nesta parte hai tamén un apartado denominado E se queres avanzar máis..., no que se oferta material de ampliación que permite adecuarse  aos distintos niveis de coñecemento adquiridos polo alumnado. A Terceira é a parte histórica e cultural, presentada por medio dunha viaxe, co apoio de imaxes e textos. Inclúe actividades e suxestións de  ampliación, así como referencias de libros, CD - Rom e enderezos de Internet. Todas as unidades levan exercicios de recapitulación. A 4, 8 e 12 inclúen, ademais, unha autoavaliación. Pode recorrerse a esta parte para insistir nalgún punto da materia ou mesmo para exames. O presente manual cumpre coas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego aprobadas pola Real Academia Galega en Xullo de 2003.

Materia en Libreria Guareña

Baia en Libreria Guareña

  • As marcas dos animais
    Titulo del libro
    As marcas dos animais
    AA.VV
    Baia
    Mergúllate no extraordinario mundo dos animais e descobre 50 magníficas marcas. Sabías que o elefante é o a...
    No disponible
  • As estrelas de cores
    Titulo del libro
    As estrelas de cores
    Canals, Mireia
    Baia
    Ana e Xabier son os protagonistas desta historia, na que conseguiron averiguar que a alegría é como estrelas ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    7,16 €

  • AUGA E LUME
    Titulo del libro
    AUGA E LUME
    Tobaruela, Pere
    Baia
    Gañadora 'ex aequo' do VIII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira 2018  Deva, a moza d...
    No disponible
  • MAR...USÍA
    Titulo del libro
    MAR...USÍA
    Nº 33
    Rivas, Paco
    Baia
    Colección de 15 relatos con protagonismo do mar e das súas xentes que respiran a mellor tradición do realism...
    No disponible
  • Todo vai na natureza
    Titulo del libro
    Todo vai na natureza
    Nº I-II
    Besteiro Cabanas, María Jesús
    Baia
    No disponible