Do descontento á acción

Do descontento á acción. A construción social da protesta campesiña en Galiza

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497821261
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-126-1
Páginas:
256
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

23,00 €

IVA incluido

"Do descontento á acción. A construción social da protesta campesiña en Galiza" analiza, a partir das achegas da psicoloxía social, a participación dos labregos e labregas nas mobilizacións campesiñas da década dos anos noventa. Na nosa sociedade a participación en movementos sociais e accións colectivas é unha forma habitual de facer  política. Por que e como se xeran as accións colectivas e por que chegaron a ser unha práctica tan común son preguntas centrais no libro  de Concha Fernández e Xosé Manuel Sabucedo. As distintas tradicións na análise social suxiren múltiples respostas: porque as persoas se senten agraviadas, porque teñen recursos para mobilizarse e aproveitan  as oportunidades políticas para protestar, porque construíron identidades colectivas politizadas... Non obstante, a pregunta de por que nacen os movementos sociais e accións colectivas é diferente á de por que os individuos participan. Obviamente se ninguén participa, non  hai movemento nin accións colectivas, pero tampouco o descontento compartido, por moi alto que sexa, xera automaticamente movementos de protesta. Son necesarios, ademais de recursos e oportunidades, poderosos motivos para transformar o descontento en acción. Analizar a  mobilización da acción é a cerna desta obra en que, á par dun preciso  estudo de caso das protestas campesiñas dos anos noventa, se achegan  reflexións e ferramentas analíticas absolutamente imprescindíbeis para comprendermos a acción colectiva, a participación política e a sociedade dos nosos tempos.

Xerais en Libreria Guareña

  • A casa da luz
    Titulo del libro
    A casa da luz
    DoCampo, Xabier P.
    Xerais
    Alicia é unha rapaza trastísima e, ao parecer, todo lle vén do seu ingobernable desexo de saber, de coñecer...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,50 €

  • O misterio das zocas
    Titulo del libro
    O misterio das zocas
    Caride, Ramón
    Xerais
    María, Frida, Nursa e Xeria, as catro músicas ambulantes que cantan en  feiras, festas e romarías, vense imp...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €

  • Montedemo
    Titulo del libro
    Montedemo
    Correia, Hélia
    Xerais
    A narrativa de Hélia Correia caracterízase pola súa capacidade poética  e pola súa sinxeleza. Hélia Corre...
    No disponible

    7,60 €

  • (G).(07).PAPAPAPU 5 ANOS-3O.TRIM.*GALEGO*
    Titulo del libro
    (G).(07).PAPAPAPU 5 ANOS-3O.TRIM.*GALEGO*
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    33,00 €

  • Unha saca de patacas
    Titulo del libro
    Unha saca de patacas
    Coimbra, Francisco
    Xerais
    Unha muller galega desembarca no porto de Macau cunha saca chea de patacas. Vai visitar a súa sobriña e léva...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,50 €