Ciencias sociais 3 ESO

Ciencias sociais 3 ESO

Editorial:
Baia
EAN:
9788499950020
Año de edición:
Materia
LIBRO DE TEXTO
ISBN:
978-84-9995-002-0
Páginas:
256
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
3 ESO

38,41 €

IVA incluido

Baía Edicións pon no mercado o proxecto de libros de texto e materiais  complementarios para a área de Ciencias Sociais na Educación Secundaria Obrigatoria, do que lles presentamos neste curso o referido  a 3º curso da ESO. As autoras, Ana Brea Pedreira e Ana Romero Masiá, preséntannos uns materiais moi traballados, tanto no seu contido como na aplicación práctica nas aulas, froito da súa longa experiencia no eido educativo.  Destacamos o feito de que todos os materiais foron elaborados polo mesmo grupo de traballo, o que garante a súa unidade e coherencia. A metodoloxía didáctica combina a exposición e explicación causal dos feitos históricos e xeográficos coa aprendizaxe potencialmente significativa do alumnado. Favorece esta recepción a presenza abundante de documentación textual, gráfica e iconográfica, ademais de  elementos como sinalizadores visuais, eixes cronolóxicos e organizadores gráficos presentados en forma de redes conceptuais que facilitan a interrelación dos contidos abordados na unidade temática. As unidades combinan, de forma equilibrada, a exposición e explicación  de contidos conceptuais coa información facilitada polos documentos textuais, as ilustracións, as gráficas, os mapas, de modo que a información facilitada por estas fontes confirma, clarifica, motiva ou  amplía o discurso das autoras. O proxecto que nos ocupa, realizado integramente por autores galegos, incorpora plenamente os aspectos históricos, xeográficos e artísticos relacionados con Galicia no conxunto das unidades temáticas e non de forma illada, resaltando aqueles que merecen tratamento específico pola súa significación. O tratamento pedagóxico do uso da dobre páxina enténdese como unha unidade de contido, e incorpora as cuestións que deben responder as alumnas e alumnos e que facilitan o estudo e a comprensión dos temas propostos. Ao final da unidade van dous apartados: Traballamos con... e Lembra e aplica. Os libros de texto acompáñanse dun cd-rom do desenvolvemento curricular da materia, coa programación anual, na que se indica a correspondencia entre estas e as competencias básicas nas que máis se incide. Inclúense tamén as solucións ás probas de avaliación.

Materia en Libreria Guareña

Baia en Libreria Guareña

  • GUÍA DOS LIQUES DE GALICIA
    Titulo del libro
    GUÍA DOS LIQUES DE GALICIA
    AA.VV
    Baia
    Presentamos a primeira Guía xeral de liques editada no estado. A primeira parte trata aspectos xerais, acompa...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,55 €

  • Rodribico e o mar
    Antiguo
    Titulo del libro
    Rodribico e o mar
    Nº 2
    Guisande, Manuel
    Baia
    Rodribico é un paxariño ao que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Rodribico habita nunha...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    6,95 €

  • O fabricante de sombreiros
    Titulo del libro
    O fabricante de sombreiros
    López Gómez, Carlos
    Baia
    O señor Martus sempre dicía que lle gustaría ter duascentas cabezas para lucir douscentos sombreiros ao mesm...
    No disponible
  • CLIMA
    Titulo del libro
    CLIMA
    Harris, Caroline
    Baia
    Entra de cheo no mundo da ciencia grazas a esta fantástica colección de libros. Fotografías asombrosas, ampl...
    No disponible
  • Unha cabana na Lúa
    Antiguo
    Titulo del libro
    Unha cabana na Lúa
    Nº 10
    Jaureguizar
    Baia
    A vida dun líder nunca é doada. Menos cando ese líder ten dez anos e unha nai que chora coas telenovelas e d...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    8,00 €