BAIXO DOS TILEIROS
Antiguo

BAIXO DOS TILEIROS. A literatura alemá en Galicia

Editorial:
Universidade coruña
EAN:
9788497497138
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9749-713-8
Páginas:
674
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)
Colección:
SIN COLECCION

20,00 €

IVA incluido
Comprar

A literatura alemá en Galicia deriva dunha obra anterior, Goethe en Galicia (Universidade de Vigo, 2007), centrada nas pegadas que o gran clásico alemán deixou nos autores galegos e na que xa se albiscaban certos aspectos da presente obra, pois, ao tratar da influencia de Goethe, resultaba inevitable a referencia ao influxo doutros autores alemáns. Utilizando a periodización convencional da xermanística para a literatura alemá, o obxectivo desta monografía é o estudo da relación que os autores galegos (con obra en galego, aínda que se inclúa tamén a súa produción en castelán, se a tivesen) estableceron coa literatura en lingua alemá, xa de xeito consciente (imitación, citación, erudición...), xa inconsciente ou non plenamente consciente (influencia, afinidade, analoxía...). Debido á escasa cantidade de estudos feitos sobre a relación de literaturas estranxeiras coa nosa propia, esta obra pode considerarse un referente crítico innovador, xa  que a influencia que tiveron os autores xermanos sobre os galegos, aínda que considerablemente descoñecida, é innegábel e suxestiva.

Otros libros del autor en Libreria Guareña

Materia en Libreria Guareña

Universidade coruña en Libreria Guareña