ÁTLAS ARQUEOLÓXICO DA PAISAXE GALEGA

ÁTLAS ARQUEOLÓXICO DA PAISAXE GALEGA

Editorial:
Xerais
EAN:
9788491210481
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9121-048-1
Páginas:
336
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
XERAIS UNIVERSITARIA

46,95 €

IVA incluido
Comprar

A paisaxe é un produto das formas de ser, de estar, de pensar e de actuar de cada sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado das nosas formas de ser, estar, pensar e actuar, mais tamén das daqueles que nos precederon no tempo. Moitas das cousas que consideramos máis características da paisaxe de Galicia son o produto ou o efecto da acción humana, e non só diso que chamamos a Natureza.
 Este libro é unha especie de atlas arqueolóxico das paisaxes culturais  de Galicia, e dicimos «unha especie» porque non é un atlas entendido no sentido convencional de conxunto de mapas; o que fai é describir as  diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunha boa parte da historia do que hoxe é Galicia, dende a prehistoria até a  época medieval.
 O relato parte do que coñecemos como paisaxe tradicional para, logo, ir na procura dos seus elementos típicos, xa presentes -ou ausentes- nas paisaxes que o precederon e o foron conformando. Porén, as paisaxes arqueolóxicas son algo que non existe; os seus restos, ou ben  se incorporaron en gran medida a formas posteriores de paisaxe, ou ben subxacen relictos e esquecidos baixo estas. Por iso precisamente as chamamos arqueolóxicas.
 A historia que facemos aquí é unha historia humana do antropoceno, un concepto que vén definir unha nova etapa xeolóxica marcada pola dominación humana dos sistemas da Terra, unha etapa en que a acción sociocultural modifica activamente o mundo e substitúe un medio natural por un medio cultural cada vez máis artificial.
 Autoras e autores dos textos: Roberto Aboal, Xurxo Ayán Vila, David Barreiro, Paula Ballesteros-Arias, Manuela Costa-Casais, Pastor Fábrega-Álvarez, João Fonte, Camila Gianotti, A. César González-García, Alejandro Güimil Fariña, Elena Lima Olivera, Raquel López Noia, Patricia Mañana-Borrazás, Antonio Martínez-Cortizas, Matilde Millán e Manuel Santos-Estévez

Materia en Libreria Guareña

Xerais en Libreria Guareña

  • O incendio
    Titulo del libro
    O incendio
    Vila Alonso, Sara
    Xerais
    Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos  a un devastador incendio. O lume arraso...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,95 €

  • O coronel ten a quen lle escribir
    Titulo del libro
    O coronel ten a quen lle escribir
    Riveiro Loureiro, Manoel
    Xerais
    No disponible

    6,45 €

  • As vidas de Nito
    Titulo del libro
    As vidas de Nito
    Nº 335
    Paz, Xabier
    Xerais
    Casiano Cendán Rocha, un home de idade que vive nunha residencia, fai memoria da súa vida a través das conve...
    No disponible

    23,95 €

  • A noite branca
    Titulo del libro
    A noite branca
    Nº 332
    Fernández Naval, F. X.
    Xerais
    Marcos sente a necesidade de coñecer e contar unha parte esquecida do seu pasado familiar cando descobre varia...
    No disponible

    23,95 €

  • Lendo lendas, digo versos
    Titulo del libro
    Lendo lendas, digo versos
    AA.VV
    Xerais
    Velaí, en harmoniosa compaña, vinte lendas con cadanseu poema. Lendas extraídas das raiceiras da nosa tradic...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,95 €