Fernández Pérez, Iván;Docobo Durántez, José Angel
Malia que poida semellar o contrario, o interese cientÃfico en certas áreas remóntase en Galicia a tempos antigos. Dende o século XVIII á actualidade, este libro achega o lector á historia da acitividade docente e investigadora no eido das matemáticas e a astronomÃa en Galicia. Un minucioso percorrido por institucións e persoas, que recupera a obra e dimensión de figuras senlleiras no desenvolvemento das ciencias matemáticas, a astronomÃa e a astrofÃsica. A obra enriquécese con numerosas imaxes de persoas, edificios, mapas, libros ou aparellos, que testemuñan a fonda raigame dun desenvolvemento cientÃfico autenticamente meritorio.