As cidades invisibles

As cidades invisibles

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023150
ISBN:
978-84-8302-315-0
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

16,65 €

IVA incluido

Como fixera coa súa triloxía Os nosos antepasados, Italo Calvino xoga en As cidades invisibles a redefinir os mitos, neste caso do emperador  mongol Kublai Khan e o mercader veneciano Marco Polo, aínda que a empresa ten aquí ben máis calado. Non parte Calvino do Libro das marabillas do propio Polo, nin da realidade histórica do século XIII en que viviron estes personaxes. O xeito do noso Cunqueiro, os anacronismos deseñan un tempo imaxinario, indeterminado; o mundo da fábula contemporánea. Neste universo abstracto transcorre unha conversa entre o emperador e o mercader, na que este lle describe a aquel as cidades do seu imperio. Cidades, todas elas con nome de muller, presentadas como metáforas da sociedade e mesmo da existencia,  e observadas cun humanismo por veces irónico. Coma o fresco que adorna o Palazzo Comunale de Siena existe unha simetría sutil entre o bo e o mal goberno, entre a cidade xusta e a inxusta da que fala Calvino.En palabras de Miguel-Anxo Murado, o traductor para o galego desta edición e autor do prólogo, "a sociedade, pero tamén a linguaxe e a imposibilidade de expresar a realidade por medio das palabras, son  as grandes protagonistas deste libro escrito con tanto preciosismo lingüístico. As conversas entre Kublai e Polo están cheas de referencias á necesidade de imaxinar ou evocar antes que á posibilidade de describir. Así xorde outro dos elementos claves do libro: a memoria. A memoria como único patrimonio verdadeiro do ser humano. Un é o que pode lembrar. Esa é toda a bagaxe de Marco Polo, un  humilde estranxeiro, perante do Khan, que sen embargo nada posúe porque descoñece o seu propio imperio. Non se pode ter o que non se sabe". Este libro fermoso, considerado por algúns a creación máis lograda de Calvino, abriu en 1998 a nova liña de traduccións que Xerais ven ofrecendo dentro da súa colección "Narrativa".

Otros libros del autor en Libreria Guareña

Xerais en Libreria Guareña

  • Periferia
    Titulo del libro
    Periferia
    Zúñiga, Iolanda
    Xerais
    Luciana e Brown unen os seus destinos, marcados polo amor, o narcotráfico e a violencia, nos límites dunha da...
    No disponible
  • O que non sabías
    Titulo del libro
    O que non sabías
    Pedrosa, Elba
    Xerais
    Por veces, as pegadas que deixa a vida son tan intensas que esborranchamos o presente coa dor do pasado e co si...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,50 €

  • Contos do Miño
    Titulo del libro
    Contos do Miño
    Alonso, Eliseo
    Xerais
    Eliseo Alonso Rodríguez (Goián, 1924), poeta, narrador, etnógrafo, arqueólogo, crítico de arte e xornalist...
    No disponible

    8,80 €

  • XELA ARIAS, OS TERRITORIOS DA LIBERDADE
    Titulo del libro
    XELA ARIAS, OS TERRITORIOS DA LIBERDADE
    Nogueira, María Xesús
    Xerais
    Un libro divulgativo sobre a vida e a obra da autora das Letras Galegas 2021. Unha poeta apaixonada pola contem...
    No disponible
  • A marabillosa medicina de George
    Titulo del libro
    A marabillosa medicina de George
    Dahl, Roald
    Xerais
    A avoa de George ten unhas cousas un pouco raras. A verdade é que non é unha persoa moi agradable. Cre que as...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,50 €