Ao voso gusto - Medida por Medida
 IBD

Ao voso gusto - Medida por Medida

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484874379
Materia
TEATRO
ISBN:
978-84-8487-437-9
Páginas:
250
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
TEATRO

Este volume reúne dúas comedias de William Shakespeare de moi distinta  índole que son boa mostra da amplitude do seu xenio.
AO VOSO GUSTO  (probablemente escrita e estreada en 1599) é unha comedia romántica e  pastoril. Varios personaxes, que foxen da corte vítimas de distintas inxustizas (un duque deposto por seu irmán, acompañado dun pequeno grupo de leais; a súa filla Rosalinda, desterrada polo tío e acompañada pola súa prima Celia; o xove Orlando, desposuído e maltratado por seu irmán maior, acompañado por un vello e fiel servente), coinciden no idílico bosque de Arden, onde transcorre a maior parte da obra, e alí atoparanse con algúns dos seus moradores. É  unha comedia brillante e divertida. A súa protagonista, Rosalinda, é o personaxe feminino máis atractivo e encantador de Shakespeare. Disfrazada de home, xogando coa ambigüidade sexual, será a forza motriz que levará os enredos da obra a un final feliz. Pero hai tamén outros personaxes de grande atractivo: o melancólico Xacobe, o bufón Pedradetoque, os pastores Silvio e Feba...
A acción de MEDIDA POR MEDIDA (1604) está situada nun contexto urbano, cos seus baixos fondos  incluídos. É una obra de cores escuras, cuns personaxes demasiado humanos para unha comedia, constantemente no límite da traxedia, polo que máis propiamente hai que cualificala como traxicomedia. O duque de  Viena decide ausentarse por tempo indefinido e deixa o goberno da cidade en mans de Ánxelo, home de moralidade estrita que está decidido  a poñer freo ao que considera crecente libertinaxe sexual. Condena a morte a Clodio, que vai ter un fillo coa súa prometida. Isabel, unha noviza irmá de Clodio, é convencida para que interceda por el ante Ánxelo. Este accede a perdoalo, pero cunha condición. É unha obra que invita a reflexións morais sobre a corrupción e abuso do poder, a sexualidade, a mentira, a xustiza e o perdón. Dunha asombrosa modernidade, cun final aberto que na lectura queda en mans do lector e  no escenario nas de actriz que interpreta a Isabel.

Otros libros del autor en Libreria Guareña

Materia en Libreria Guareña

Laiovento (ibd) en Libreria Guareña

  • E CAÍN
     IBD
    Titulo del libro
    E CAÍN
    PACO SOUTO
    Laiovento (ibd)
    Hai 30 anos xa que dei o meu primeiro recital individual na cidade de A Coruña. Este e Caín debe ser poi...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    9,99 €

  • Bestiario en pedra. Animais fabulosos na arte medieval galeg
     IBD
    Titulo del libro
    Bestiario en pedra. Animais fabulosos na arte medieval galeg
    Carlos L. Bernárdez e X.R. Mariño Ferr
    Laiovento (ibd)
    Bestiario en pedra. Animais fabulosos da arte medieval galega pretende  recuperar unha parte esquecida do noso ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    29,95 €

  • Nazismo e clase obreira (1933-1993)
     IBD
    Titulo del libro
    Nazismo e clase obreira (1933-1993)
    Nº 461
    Fontegher Bologna, Sergio
    Laiovento (ibd)
    En Nazismo e clase obreira 1933-1993, Sergio Fontegher Bologna fálanos  do papel da clase obreira nos anos ant...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €

  • O LABIRINTO DA SAUDADE
     IBD
    Titulo del libro
    O LABIRINTO DA SAUDADE
    Luís García Soto
    Laiovento (ibd)
    O labirinto da saudade traza un movimento feliz entre a vivencia, a experiencia directa e a súa elaboración i...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    12,00 €

  • A PIRAGUA
     IBD
    Titulo del libro
    A PIRAGUA
    CÁNDIDO PAZÓ
    Laiovento (ibd)
    DELIOSe cadaquén usa a praza de garaxe para deixar nela o que lle saia dos... complementos directos, xa me dir...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    11,99 €