Ao pé de cada hora. Tempo de Compostela

Ao pé de cada hora. Tempo de Compostela

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028353
Año de edición:
Materia
LITERATURA CLASICA
ISBN:
978-84-8302-835-3
Idioma:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
190
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

Ao pé de cada hora, opera prima de García-Bodaño, está organizada en catro seccións. A primeira "Oracións para os vosos nomes", susceptible  de ser clasificada baixo a etiqueta de poesía civil, compón un mosaico de elexías dirixidas a figuras senlleiras da política, da arte  e da literatura galega. As tres restantes seccións, "Pregoeira da ledicia", "O teu corpo florido" e "Ausencia e noiva baixo raíces", constitúen unha manifestación da lírica amorosa, que adquire matices de universalidade. Poesía nos dous casos, como quería Worsworth, da emoción evocada desde o recordo, elaborada reflexivamente polas forzas  activas da conciencia.O segundo poemario, Tempo de Compostela, está formado por tres seccións, que levan por título "Poemas diacrónicos", "Poemas contemporáneos" e "Poemas nominados", ás que lles hai que engadir tres textos limiares e un texto epilogal. Tempo de Compostela comeza coa introducción dunha figura ficcional, un poeta compostelán que viviu durante séculos, ó que se lle atribúe a creación de "belas composicións nacidas do seu xenio ao fío do lento pasar dos séculos ata estes nosos días de hoxe", isto é, dos poemas que integran a obra.  Deste xeito atopa xustificación a presencia dos "poemas diacrónicos",  compostos a imitación dunha serie de modelos textuais tomados das diferentes etapas da historia da literatura galega, desde a Idade Media ata a actualidade.O presente volume é unha magnífica ocasión para achegármonos á traxectoria poética de García-Bodaño que abala entre o intimismo de raizame existencialista, a liña amorosa, un lirismo elexíaco, a aproximación a diversas etapas da nosa literatura e máis unha crítica mordaz da sociedade urbana.

Otros libros del autor en Libreria Guareña

Materia en Libreria Guareña

Xerais en Libreria Guareña

  • Andanzas e amizades dun robot pequeno
    Titulo del libro
    Andanzas e amizades dun robot pequeno
    Martín, Paco
    Xerais
    O libro é continuación do titulado Un robot pequeno, do mesmo autor e publicado nesta mesma colección. Alí,...
    No disponible

    7,35 €

  • Nerea. A invasión dos trastos
    Titulo del libro
    Nerea. A invasión dos trastos
    Prado, Pablo
    Xerais
    Tes mensaxes de no móbil pendentes de ler Algún capítulo da túa serie favorita sen ver Pasaches esa fase ta...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €

  • As florestas do Mañuema
    Titulo del libro
    As florestas do Mañuema
    Martínez Oca, Xosé Manuel
    Xerais
    No disponible

    12,25 €

  • BESTA DO SEU SANGUE
    Titulo del libro
    BESTA DO SEU SANGUE
    Nº 434
    Pedreira, Emma
    Xerais
    Besta do seu sangue relata, con grande orixinalide, unha historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romas...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,95 €

  • Pedras de Compostela
    Titulo del libro
    Pedras de Compostela
    Aldonza de Praterías
    Xerais
    En Pedras de Compostela, Aldonza de Praterías debulla as súas lembranzas para referirlle á cidadanía os suc...
    No disponible

    34,50 €