Ana, soror ......

Ana, soror ......

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028889
Año de edición:
ISBN:
978-84-8302-888-9
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
PETO

9,30 €

IVA incluido

A serie de Xerais Peto "As Literatas" ofrece unha nova entrega: Ana, soror... unha novela breve, traducida por María Xosé Queizán, na que a  grande escritora francesa Marguerite Yourcenar aborda con inusual profunidade a cuestión do incesto. Ana, soror... é un fermoso e sensible relato que conta a historia de dous irmáns, Ana e Miguel, que  perden a súa nai tras unha longa enfermidade e que quedan unidos para  sempre por unha relación que levarán en secreto deica a morte. Para a  traductora e prologuista do libro, María Xosé Queizán, é sorprendente  a profundidade co que a Yourcenar aborda o tema do incesto, un tema que "é símbolo de todas as paixóns sexuais, tanto máis violentas canto  máis reprimidas, máis castigas e máis ocultas". Na novela de Yourcenar non hai violencia, senón que reborda tenrura, sensualidade, amor. A sensualidade do texto non consegue ser superada polo ambiente relixioso. O marco da Contrarreforma no que se insire, o predominio relixioso, o ascetismo da vida familiar na gris fortaleza onde habitan, contrasta enormemente co esplendor da baía de Nápoles, a exuberancia dos corpos e das froitas, a calor incendiando os corpos, as galopadas de Miguel queren-do superar sobre o cabalo os arrebatos sexuais, a febre, o sangue, incluso o fedor ascenden-te da podremia da  morte. A pesar do entorno virtuoso no que se educan Ana e Miguel, todo o ambiente que crea Marguerite Yourcenar conduce á turbación dos sentidos.Toda a obra transmite o ardor do desexo irrefreable da parella protagonista, esculcando o proceso de incubación do desexo ata  o seu total cumprimento, cómo se lles vai desvelando aos protagonistas, cómo medra nos seus corpos. Para María Xosé Quiezán, paralelamente a temperanza da súa nai Valentina, a autora mostra o arrebatado amor dos seus fillos, ás obsesións de Miguel e ás angustias  de Ana, un armazón de amor e morte de forte sensualidade, exposto coa  elegancia e a perfección habituais nas obras de Marguerite Yourcenar."

Otros libros del autor en Libreria Guareña

Xerais en Libreria Guareña

  • Literatura galega da muller
    Titulo del libro
    Literatura galega da muller
    Blanco, Carmen
    Xerais
    Literatura galega da muller contén un conxunto de estudios sobre distintos aspectos da nosa producción femini...
    No disponible

    21,95 €

  • Baixo terra. No ar
    Titulo del libro
    Baixo terra. No ar
    López Rodríguez, Manuel
    Xerais
    O que pode ser e non é garda a esencia mesma do poema. Todo o que está  prohibido agocha, en si mesmo, a orix...
    No disponible
  • Galego. Curso de iniciación 1
    Titulo del libro
    Galego. Curso de iniciación 1
     
    Xerais
    No disponible

    17,70 €

  • Pompas De Xabon 5 Anos. Segundo Trimestre
    Titulo del libro
    Pompas De Xabon 5 Anos. Segundo Trimestre
    Campuzano Valiente
    Xerais
    No disponible

    34,00 €

  • Pomodoro
    Titulo del libro
    Pomodoro
    Titimoki
    Xerais
    O oso Pomodoro vive tranquilo nunha pequena casa de cor vainilla rodeada de ducias de maceiras que coida con es...
    No disponible