A modelo de Paco Asorei

A modelo de Paco Asorei

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028346
Año de edición:
Materia
LITERATURA CLASICA
ISBN:
978-84-8302-834-6
Idioma:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
190
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

17,40 €

IVA incluido

Publicada por vez primeira no ano 1933 pola editorial Nós de Anxel Casal, A modelo de Paco Asorei é unha peza romántica e sentimental, ambientada na Compostela de inicios do século XX, que relata unha apaixonada historia amorosa entre o xove estudiante Diego de Longarela  e a poeta ourensá Lucinda de Gundisal. Con anterioridade, fragmentos da parte inicial do libro foran aparecendo por entregas no semanario El País Gallego, que o seu autor, Xoán Xesús González, fundara en 1927.A acción da novela céntrase na idílica relación sentimental que manteñen os dous mozos ao longo de dous intensos meses que ela pasa en  Compostela. Chegan mesmo a facer un xuramento de mutua fidelidade ao xeito peculiar da literatura romántica, neste caso coa Virxe da Corticela como testemuña. Precisamente no ambiente compostelán prodúcese o feito que dá título á novela: a decisión de que o escultor  Paco Asorei faga un busto da moza. Elemento que en principio puidera parecer anecdótico pero que para o autor terá un profundo sentido simbólico no relato. Desde o momento en que o escultor comeza a obra nace no protagonista unha nova visión da súa amada, que se lle presenta como máis sensual, mesmo erótica. A obra escultórica nunca chegaría a estar completamente rematada debido a múltiples interrupcións provocadas por unha especie de ciñumes que a protagonista chega a sentir pola súa propia imaxe en xeso, e que lle provocarán constantes indisposicións. A ruptura do pacto amoroso por parte da moza, que acaba accedendo, ante as presións familiares, a casar cun adiñeirado mozo ao que non ama, provoca que Diego se abstraia da realidade e renuncie por completo ao amor por ningunha muller.A presente edición de A modelo de Paco Asorei, preparada por Marcos Seixo Pastor, pretende reactivar a figura intelectual de Xoán Xesús González, ademais de poñer a disposición do grande público a que  pode considerarse a primeira novela erótica da literatura galega.

Materia en Libreria Guareña

Xerais en Libreria Guareña

  • Cuco, cuquelo, ¿que tes no fardelo?
    Titulo del libro
    Cuco, cuquelo, ¿que tes no fardelo?
    Babarro, Xoán
    Xerais
    Era unha vez un cuco que cando viña o outono empezaba a aterecer de frío e tiña que buscar unha casa para pa...
    No disponible

    10,10 €

  • Millo verde
    Titulo del libro
    Millo verde
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    Unha mañá os periódicos de Vilagrande do Sur publican nas súas primeiras páxinas a noticia de que Xosé Ma...
    No disponible

    20,50 €

  • (G).(11).GRAFOMOTRICIDADE 4.(4 ANOS).(TRAZOS E TRAZOS)
    Titulo del libro
    (G).(11).GRAFOMOTRICIDADE 4.(4 ANOS).(TRAZOS E TRAZOS)
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    6,65 €

  • O pequeno mago
    Titulo del libro
    O pequeno mago
    Cameselle, Roque
    Xerais
    Uns perigosos piratas normandos atracan na pequena cidade galega de Tui, dispostos a saqueala. Bieito Dubidoso,...
    No disponible

    12,20 €

  • Feminismos
    Titulo del libro
    Feminismos
    Castro Vázquez, Olga
    Xerais
    Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, é unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos...
    No disponible