A flor da figueira

A flor da figueira

Editorial:
Cumio (descatalogados)
EAN:
9788482895154
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-8289-515-4
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

É esta unha crónica dun tempo longo, a través das historias familiares  e das xentes coas que convive o autor. O relato trascende da xeografía local ou persoal para adentrarse, mediante as personaxes e os imaxinarios reflectidos, nun universo co que calquera lector pode sentirse identificado.
 
 O relator fala do vivido por el, antecesores e contemporáneos a través  de diferentes etapas históricas, utilizando recordos propios, fontes orais e fontes documentais acumuladas ao longo do tempo. Esta crónica do cotiá destaca polo protagonismo das personaxes, os feitos achéganse  ao lector a través deles, pois son esas persoas sinxelas ou importantes, as vidas dos outros, as flores da figueira, como as define o autor, as que fixeron posible o que se narra. É un relato no que se pretende transmitir que son as persoas as que, coas súas accións e decisións, protagonizan o acontecer social, cultural e político das comunidades ate convertirse en cidadáns conscientes do seu futuro e a realidade que os rodea.

Materia en Libreria Guareña

Cumio (descatalogados) en Libreria Guareña