Guía dos Curros de Galicia

Guía dos Curros de Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820097
Año de edición:
Materia
GUIAS DE VIAJE
ISBN:
978-84-9782-009-7
Páginas:
184
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
225
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
GUIAS TEMATICAS

29,95 €

IVA incluido

"Guía dos curros de Galicia", é a primeira obra bibliográfica destinada a dar a coñecer e divulgar o fenómeno dos curros, un dos acontecementos sociais máis definitorios da nosa tradición. Preparada por dous especialistas, o veterinario Herminio Pose Nieto e o fotógrafo Eduardo Castro, iníciase cun breve percorrido histórico sobre a tradición da cría de cabalos ceibes en Galicia, para logo introducirnos integramente no suceder dos curros. Analízase a historia  e orixe do Cabalo de Pura Raza Galega, esquecido durante moitísimos anos e que actualmente se atopa en perigo de extinción. Ofrécense algúns consellos prácticos á hora de visitar os curros. Descríbense os  vinteún curros, presentados por provincias, que se celebran ao longo do ano en Galicia. Para cada curro ou rapa detállase o seu calendario e horarios, a súa situación xeográfica, os accesos, os servicios que nos podemos atopar, a historia do curro, o tipo de construcción e o desenvolvemento das tarefas durante a súa celebración. Unha detallada información textual, acompañada de mapas e fotografías sobre a ubicación e o desenvolvemento da rapa. A presente guía categoriza e puntúa cada un dos curros de Galicia en función dos seguintes criterios: a tradición histórica da cría de calos en liberdade na zona de celebración do curro, o manexo dos animais, a non inclusión doutras actividades complementarias ao curro para darlle atractivo turístico, o respecto aos animais e a ausencia de violencia e malos tratos, as instalacións do curro (historia, forma, materiais, reformas, etc.), o emprego de cabalos do país nas prácticas habituais de manexo do gando e a presencia de Cabalos de Pura Raza Galega inscritos entre os acurrados. E, pois, unha completísima e única guía que, mesturando información práctica e turística, pretende destacar tamén as raigames socioculturais destes acontecementos, ademais dos costumes de manexo do gando cabalar nas distintas comarcas e as diferentes tipoloxías das  construccións dos curros.

Materia en Libreria Guareña

Xerais en Libreria Guareña

  • pensar...pensar matemáticas 4 anos 2016
    Titulo del libro
    pensar...pensar matemáticas 4 anos 2016
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    26,95 €

  • Mesteres
    Titulo del libro
    Mesteres
    López-Casanova, Arcadio
    Xerais
    Arcadio López-Casanova (Lugo, 1942), poeta, profesor, crítico e teórico da literatura, é un dos autores con...
    No disponible

    19,95 €

  • Galicia, Galicia
    Titulo del libro
    Galicia, Galicia
    Rivas Barrós, Manuel
    Xerais
    Galicia, Galicia recolle a obra xornalística sobre o noso país producida por Manuel Rivas nos dez últimos an...
    No disponible

    20,20 €

  • Obra completa
    Titulo del libro
    Obra completa
    Mariño Carou, María
    Xerais
    No disponible

    8,65 €

  • A DESCRICION.3O ESO/LINGUA GALEGA XERLIN
    Titulo del libro
    A DESCRICION.3O ESO/LINGUA GALEGA XERLIN
    Bara Torres, Luis / Lourenzo, Manuel
    Xerais
    No disponible

    10,80 €